Inicio Noticias Rally Científico e Matemático sen fronteiras

Rally Científico e Matemático sen fronteiras

O xoves 30 de marzo, un grupo de alumnos de 4º da ESO estiveron na final do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras no apartado de Ciencias, organizado por Igaciencia. Accederon á final autonómica en Santiago, xunto con outros dous colexios de Galicia. Despois de superar a fase de centros, nesta final non poidemos acadar a primeira posición que dá acceso a superfinal de Toulouse, pero o noso equipo fixo un gran papel.
Aproveitando a viaxe a Santiago, tamén visitamos o Observatorio Astronómico da Universidade, onde vimos as instalacións do mesmo e alí comentáronnos as súas liñas de investigación.

0
0
0
s2smodern