Inicio Noticias Campaña de recollida de xoguetes na Asunción

Campaña de recollida de xoguetes na Asunción

Durante a semana anterior as vacacións de Nadal, no colexio organizamos unha recollida de xoguetes para colaborar coa Cruz Vermella de Sarria. 

Agradecémosvos a todos cantos fixestes que esta campaña fose un éxito. 

O último día de clase, persoal da Cruz Vermella acudiu ao colexio para recibir de mans dos alumnos e o director do centro os xoguetes donados.

 

Grazas a todos!!!