Inicio Taboleiro de anuncios Roupa deportiva do colexio

Roupa deportiva do colexio

Informámosvos de que, para o vindeiro curso 2018-19, levarase a cabo un cambio de modelo da “roupa deportiva do colexio”, que será substituído por outro modelo institucional e igual para todos os alumnos dos colexios da Asunción de España.

A pesares disto, nos próximos dous anos académicos permitirase o uso do novo modelo e do chandal actual, para que os alumnos poidan aproveitar o que teñen ou o que reciban dos irmáns.

 

A adquisición do modelo novo está prevista que se realice do seguinte xeito:

 

  • Unha tenda móbil da firma distribuidora acudirá as instalacións do centro para a súa venda.

                     As datas para a adquisición serán:

 

                                   - Día 4 de setembro, de 10:30 a 19:00 h, en horario continuo.

 

                                   - Día 5 de setembro, de 10:00 a 16:00 h, en horario continuo.

                 

                     Os alumnos poderan probar as prendas, como en calquera tenda física.

 

                     As familias poden escoller a seguinte forma de pago: en efectivo, con tarxeta bancaria ou coa tarxeta de compra do “Corte Inglés”.

 

  • Tamén se poderá adquirir, na tenda asociada “SFERA”, do centro comercial “As Termas” de Lugo.

 

  • Por Internet, entrando na dirección  elcorteingles.es/uniformes.

                     Na tramitación de compra, deben seleccionar un lugar de recollida, teñen que elixir unha tenda de A Coruña, e ao final do proceso, no campo observacións, hai que indicar: “Colexio da Asunción de Sarria (Lugo) - Nome e apelidos do alumno”.

                      O pedido enviarano ao centro educativo, sen ningún gasto de envio.

 

 

Para calquera dúbida, podedes dirixirvos á secretaría ou a Dirección do colexio.

 

0
0
0
s2smodern