Inicio Noticias Volven os "Asuntillos"

Volven os "Asuntillos"

Queridas familias:

 

Outro curso máis aventurámonos en “Asuntillos”, coa ilusión e as ganas de tomar decisións a través dos valores que compartimos.

Dende a Pastoral, e este ano co lema: "Dalle like e sígueo”,  querémosvos animar a participar nas actividades e encontros, que se celebrarán en venres maioritariamente, dando comezo no mes de outubro.

As actividades están destinadas a nenos/as dende 3º de EP ata 2º da ESO.

Os días das actividades comunicaránselle aos alumnos unha semana antes da realización das mesmas.

A continuación, premendo sobre o logo de Asuntillos, deixámosvos un vídeo de presentación da actividade e se queredes participar, deberedes premer no enlace que tendes a continuación, cubrir a ficha de inscrición e entregarlle aos titores 9 euros que se corresponden coa cota para todo o curso. Puntualmente poderá pedirse unha cantidade a maiores se algunha actividade o precisase. A DATA LÍMITE PARA ENTREGALA SERÁ O MÉRCORES 19 DE OUTUBRO.

 

Moitas grazas a todos e moi feliz curso!

Formulario de inscrición