Inicio Noticias Dia bici na Asunción

Dia bici na Asunción

O venres 17 de xuño, os alumnos do colexio celebramos o "Día da Bici".

Os pequenos de Infantil fixeron os seus roteiros polo patio do colexio e o resto dos alumnos, acompañados dos nosos profesores realizamos unha ruta ata o parque do Chanto.

Ao chegar, algúns alumnos da ESO acompañados por varios dos seus profes, fixeron outra pequena ruta polas Aceas.

Logo puideron desfrutar todos xuntos da media mañá dun xeito moi diferente a cómo o tiveron que facer durante estes dous últimos anos.

Dende o centro queremos dar as grazas a Cruz Vermella, Protección Civil e a Policía local pola súa axuda no traxecto e a todos aqueles que nos acompañastes e axudastes tamén no camiño de moitas formas, dando ánimos, sacando fotos e solventado pequenos arranxos e postas a punto de última hora!!!

 Foi unha mañá moi divertida!!!