Inicio Noticias Aviso fondo libros

Aviso fondo libros

Xa saíu publicada no portal da Consellería de Educación a "Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022".

 O prazo para presentar as solicitudes será dende o 21 de maio ata o 22 de xuño.

Pódense presentar telemática ou presencialmente, aínda que o que nos recomendan dende a Consellería debido as circunstancias actuais é que se faga por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Os que decidan presentar a solicitude no centro poderán facelo de 9:30 a 11:00 h. Para ofrecer un mellor servizo as familias que decidades facelo presencialmente tendes que chamar ao teléfono do colexio para concertar unha cita nese horario.

Nos vindeiros días, a través da web iremos concretando o resto dos prazos.

 

0
0
0
s2smodern