Inicio Noticias Festa de Santa María Eugenia 2021

Festa de Santa María Eugenia 2021

O pasado mércores, día 10 de marzo, celebramos no noso colexio a Festa de Santa Mª Eugenia.

Comezamos a xornada celebrando a Eucaristía, este ano dun xeito moi especial xa que a tivemos que facer de forma virtual.

Miguel, o noso sacerdote, oficiou a Eucaristía dende unha das estancias do colexio e todos os alumnos e os seus profesores, xunto coas relixiosas e o PAS que nos acompañaban puidemos seguila dende as nosas clases. 

A continuación, como este ano polas circunstancias non puidemos celebrar o noso tradicional Maratón de Santa Mª Eugenia, o departamento de Educación Física ideou para nos unha divertidísima búsqueda de Mª Eugenia, onde tivemos que ir realizando diversas probas nos propuxeron, e que fomos facendo por turnos ao longo da mañá.

Este ano o noso proxecto da Festa de Mª Eugenia foi "Contaxiamos solidariedade coa Cruz Vermella de Sarria". Queremos dar moitas grazas a todos polas aportacións ao este proxecto!!!

 

Se queredes ver algunha das actividades que se realizaron premede nas seguintes imaxes e vídeos:

 

 

 

0
0
0
s2smodern