Inicio Noticias Oración inicio de curso

Oración inicio de curso

 O pasado venres, 25 de setembro, fixemos no noso colexio a oración de inicio de curso. Este ano, por mor das circunstancias non puidemos facer unha Eucaristía como todos os anos, nos que todos os que o desexades podedes estar con nós.

O que fixemos no seu lugar foi unha oración común, en cada clase, e todos á mesma hora. 

Nesta oración Señor Jesús, demóslle as grazas a Xesús polo curso que empeza, e pedímoslle que nos acompañara nestes meses, axudándonos a adaptarnos a todo o que vaia sucedendo e a aproveitar as oportunidades que este novo curso nos brinda.

Ademais puidemos ver o vídeo do lema deste ano, que vos deixamos a continuación.