Inicio Noticias Aviso fondo libros

Aviso fondo libros

Hoxe saíu publicada no portal da Consellería de Educación a "Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021"

 

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 20 de maio ata o 19 de xuño.

Pódense presentar telemática ou presencialmente, aínda que o que nos recomendan dende a Consellería debido as circunstancias actuais é que se faga por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Os que decidan presentar a solicitude no centro deberán chamar ao mesmo para concertar unha cita. 

Nos vindeiros días, a través da web iremos concretando o resto dos prazos.

 

0
0
0
s2smodern