Inicio Noticias Ampliación prazo de admisión

Ampliación prazo de admisión

Dentro das novas instrucións en relación co COVID-19 a Consellería de Educación informa de que con relación ao proceso de admisión:

 "Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes."

Premendo aquí podedes consultar os novos prazos do proceso de admisión para o curso 2020-2021.

 

Para todas aquelas familias que esteades interesadas en solicitar praza no noso centro, o horario para a presentación de documentación será de 10:00 a 13:00 h. Pregámosvos que antes de acudir ao centro, ante as circunstancias actuais, chamedes ao teléfono do centro (982531981) para concertar unha cita. 

 

0
0
0
s2smodern