Inicio Noticias Maratón Santa María Eugenia 2020

Maratón Santa María Eugenia 2020

Onte, martes, día 10 de marzo, celebramos no noso colexio a Festa de Santa Mª Eugenia.

Comezamos a xornada celebrando a Eucaristía, na que participaron as relixiosas, todos os alumnos do colexio, os profesores, o PAS, as familias e amigos da Asunción.

Logo da Eucaristía, no colexio, todos os que se achegaron puideron desfrutar da tradicional Torta da Asunción.

A continuación celebramos o noso XVI Maratón de Santa Mª Eugenia. Este ano voltamos a correr para o noso proxecto de "Escolarización en Abiyán".

Logo da entrega de premios do Maratón, entregáronse os premios ás gañadoras do concurso da axenda Asunción, que foron para Celia Soto de 6º EP e para María Núñez de 3º da ESO.

Moitas grazas a todos por participar con nós no noso día de Festa e por todas as aportacións ao proxecto e tamén no mercadillo solidario!!!

Ademais queremos agradecer a colaboración da Cruz Vermella, da Policía Local e de Fontecelta.

E como non, queremos dar as grazas...a todos os nosos alumnos pola súa entregada participación na Eucaristía e no Maratón, no que se esforzaron moitísimo polo proxecto e tamén a todos os pais que participaron este ano na nova categoría Máster, grazas polo voso entusiasmo e bo humor!!!.