Inicio Noticias Día do bocata solidario

Día do bocata solidario

            En breve comezamos a campaña de “Manos  Unidas". Como cada ano, o noso colexio desexa solidarizarse cos máis necesitados.

           O obxectivo é concienciar a toda a Comunidade Educativa de que todos formamos parte do mundo e que soamente xuntos podemos conseguir que cambie. Toda a recadación da nosa solidaridade destinarase aos proxectos que financia a Delegación de Mans Unidas de Lugo.

           Con este motivo, participamos, como cada ano, na “Operación  Bocata” que celebraremos o luns 10 de febreiro.

           Os alumnos e profesores, de xeito voluntario, dende 1º de Primaria ata 4º de ESO, xantaremos un bocadillo nas instalacións do centro rematando a xornada ás 15:30 horas. Os alumnos da ESO regresarán ás clases para continuar coa xornada lectiva da tarde.

 

0
0
0
s2smodern