Inicio Noticias Entrega de premios "La Voz de la Verdad"

Entrega de premios "La Voz de la Verdad"

Onte, mércores 22 de xaneiro, tres das nosas alumnas de EI, da clase de 5 anos, acudiron a librería "La Voz de la Verdad" de Lugo, a recoller os premios cos que as agasallaron polo seu bo traballo na XI edición do concurso de elaboración de postais de Nadal.

 

As premiadas foron:

Carlota Moreira Iglesia - 2º premio da categoría infantil

Henar Salgado Lemos - Diploma na categoría infantil

Carlota Sampedro Pérez - Diploma na categoría infantil

 

Como nas anteriores ocasións, o acto de entrega de premios tivo moi entretidos aos premiados e as súas familias e convidados xa que este comezou cunha actuación de maxia a cargo do mago Rafa, que deixou abraiados a todos os presentes co seu espectáculo.

A continuación, e segundo as distintas etapas educativas, fóronse entregando os galardóns, rematando o acto cunha foto de familia cos premiados das distintas categorías de todos os centros participantes.

Neste concurso participaron os alumnos de EI e EP do noso centro e o xurado destacou a grande calidade dos traballos presentados, polo que queremos darlle a noraboa a todos os participantes e moi especialmente ás premiadas.

Continuade así, bo traballo!!!