Inicio Noticias DÍa contra as Violencias: 25 de novembro

DÍa contra as Violencias: 25 de novembro

 

Os nosos alumnos de 4º de ESO asistiron hoxe, dia 26 de novembro, a unha representación teatral interactiva, “Bolboretas negras”, a cargo dun grupo de teatro de Ponferrada, composto por xóvenes moi sensibilizados co tema da Violencia de Xénero.

Dende a Concellería, de Educación, Festas, Muller, Xuventude e Integración entenden e dan por feito que os centros educativos somos piares fundamentais neste cometido social, de ahí que o lema desta edición de En Negro Contra as Violencias sexa:

                                         ‘Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN’

 

Despois de ver a obra os nosos alumnos e alumnas subiron ao escenario e fixeron de actores, para representar como se podería cambiar algunha situación de conflito.