Inicio Noticias Información de interese sobre o uniforme

Información de interese sobre o uniforme

Estimadas familias:

Comunicámosvos que o Corte Inglés nos informa que o xersei e a falda correspondentes ao uniforme non estarán dispoñibles para o comezo de curso, pero que sí o estarán ao longo do mes de setembro, aínda que non nos confirmaron a data exacta. As demais prendas do uniforme e da equipación deportiva sí están dispoñibles xa, tanto para a compra a través da web coma os días 3 e 4 de  setembro no centro.

O Corte Inglés vai traer ao colexio un xersei e falda similares aos do noso uniforme para que as familias podan  probar as distintas tallas e poder encargalas para o envío posterior ao centro.

Ante estas informacións e para minimizar os inconvintes causados por esta circunstancia, tomouse a decisión de que o uniforme comezará a empregarse no centro a partires do momento no que se confirme o envío das prendas. Contamos con que será a comezos de outubro. En calquera caso, comunicaremos o momento exacto por este medio. 

 

 

0
0
0
s2smodern