Inicio Noticias Día da bici na Asunción

Día da bici na Asunción

O venres 31 de maio, os alumnos do colexio celebramos o "Día da Bici".

Os pequenos de Infantil fixeron os seus roteiros polo patio do colexio e o resto dos alumnos, acompañados dos nosos profesores realizamos unha ruta ata o parque do Chanto.

Unha vez alí, os alumnos de Primaria desfrutaron dun rato de lecer antes da comida e os alumnos da ESO acompañados dalgúns dos seus profes, fixeron outra ruta polas Aceñas.

Logo comimos todos xuntos desfrutando do día antes de voltar ao cole.

Foi unha xornada moi divertida!!!

Dende o centro queremos dar as grazas a Cruz Vermella, Protección Civil e a Garda Civil pola súa axuda no traxecto!!!