Inicio Noticias Maraton Santa Mª Eugenia 2019

Maraton Santa Mª Eugenia 2019

Onte, venres, día 8 de marzo, celebramos no noso colexio a Festa de Santa Mª Eugenia.

Comezamos a xornada celebrando a Eucaristía, na que participaron as relixiosas, todos os alumnos do colexio, os profesores, o PAS, as familias e amigos da Asunción.

Logo da Eucaristía, no colexio, todos os que se achegaron puideron desfrutar da tradicional Torta da Asunción.

A continuación celebramos o noso XV Maratón de Santa Mª Eugenia. Este ano, ademais de correr para o noso proxecto de "Escolarización en Abiyán", fixémolo para conmemorar o "Día da Muller Traballadora", por eso os nosos dorsais, este ano, levaban o lazo morado.

Logo da entrega de premios do Maratón, entregáronse os premios ás gañadoras do concurso da axenda Asunción, que foron para Noa Doel de 1º EP e para Ángela Cámbara de 2º da ESO.

Moitas grazas a todos por participar con nós no noso día de Festa e por todas as aportarcións ao proxecto do noso maratón!!!

Ademais queremos agradecer a colaboración da Cruz Vermella, da Policía Local e de Fontecelta.

E como non, queremos dar as grazas...a todos os nosos alumnos pola súa entusiasta participación na Eucaristía e no Maratón, no que se esforzaron moitísimo, polo proxecto e para conmemorar o día da muller!!!

Nos vindeiros días iremos engadindo fotos a nosa galería.