Inicio Noticias Entroido no Colexio da Asunción

Entroido no Colexio da Asunción

O pasado venres, día 1 de marzo, celebramos no noso colexio a festa de Entroido. Cada curso disfrazouse de habitantes de distintas rexións do mundo, e ao son da musica típica do lugar, bailaron e desfilaron diante dos seus compañeiros e familias.

A continuación puideron desfrutar duns deliciosos doces de Entroido que trouxeron das casas para poder compartir con todos os compañeiros.

Foi unha mañá moi divertida e...deliciosa!!!

Grazas a todos os que puidestes desfrutar con nós da festa e os que trouxestes tantas lambonadas para compartir!!!