Inicio Noticias Entrega de premios "La voz de la verdad"

Entrega de premios "La voz de la verdad"

Onte, martes 8 de xaneiro, tres dos nosos alumnos de EI e dous de EP acudiron a librería "La voz de la verdad" de Lugo, a recoller os diplomas cos que os agasallaron polo seu bo traballo na X edición do concurso de elaboración de postais de Nadal.

 

Os premiados foron:

Antonio Álvarez Pérez (5 anos)

Candela González Quiroga (5 anos)

Ana Viedma González de Aledo  (5 anos)

César Díaz López  (1º EP)

Xosé Alfonso García Almonte (3º EP)

 

O acto de entrega de premios foi moi entretido para os alumnos e persoas que os acompañaban xa que comezou coa actuación dun mago, que deixou abraiados a todos os presentes co seu espectáculo.

A continuación, e segundo as distintas etapas educativas, fóronse entregando os galardóns, rematando o acto cunha foto de familia cos premiados das distintas categorías de todos os centros participantes.

Neste concurso participaron os alumnos de EI e EP, presentando en moitos casos traballos de gran calidade, polo tanto dámoslle a noraboa a todos os participantes e moi especialmente aos premiados.

Bo traballo!!!