Inicio Noticias Premio concurso relato curto Coca-Cola

Premio concurso relato curto Coca-Cola

A nosa alumna Sandra Arias López, de 2º da ESO, recibiu onte, venres 1 de xuño, no Restaurante Mirador de San Pedro, o 3º premio do sector de Lugo do concurso de relato curto de Coca-Cola. O agasallo foi unha medalla, unha mochila e unha cámara de fotos.

Na entrega de premios Sandra recibiu unha "Masterclass" ofrecida polo Chef Luis Veira. Nela aprenderon a realizar os pratos que despois todos os asistentes puideron desfrutar. 

Foi unha gala moi entretida na que tanto os alumnos coma os seus acompañantes desfrutaron moito.

Noraboa Sandra!!!