Inicio Noticias 3º EP na "Semana das Letras"

3º EP na "Semana das Letras"

Actividades “Letras Galegas”

 

O martes 15 de maio, os alumnos de 3º de EP, participaron nas actividades que se están desenvolvendo na “Casa da Cultura” co gallo da “Semana das Letras e a lectura” e organizadas pola Concellería de Cultura e Igualdade.

 

Os alumnos desfrutaron con Anxo Moure e coa súa “Ciclobiblioteca”, bicicleta cargada de contos, para animar aos máis pequenos a ler. Durante a actividade, os nenos interactuaron  co autor.

Anxo transmitiulles aos nenos que os libros son: os ximnasios da imaxinación, serven para facer mellor o noso planeta, para acabar coas guerras, para conectarnos coa natureza; os libros hai que respiralos, hai que cociñalos, e ademais explicoulles a importancia de non tirar lixo, de non contaminar, de loitar contra os incendios, de coidar a natureza.

Anxo, tamén os invitou a abrazar as árbores, para encherse de enerxía.

 

De seguido, a actriz Saleta Fernández  presentou “Pan con chocolate” espectáculo  de narración oral baseado en contos de Mª Victoria Moreno, no que unha nena fala da vida, da amizade e das cousas tal e como son.

 

Os alumnos desfrutaron coas dúas actividades , ao tempo que ampliaron o seu vocabulario e adquiriron coñecementos.

 

 

 

0
0
0
s2smodern