Inicio Noticias Plan de consumo de froita na escola

Plan de consumo de froita na escola

Como xa dende fai varios anos, o noso cole continúa a participar no "Plan de consumo de froita na escola", que ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares.

Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA.

Durante esta semana repartiremos cada día unha froita diferente e falaremos das súas características e propiedades.

Hoxe comezamos co plátano, que os alumnos aceptaron de moi bon grado, xa que estaban moi saborosos!!!

Para consultar información sobre esta froita premede na seguinte imaxe:

 

E na seguinte galería podedes ver a boa aceptación que tivo a froita de hoxe.