Inicio Noticias Entrega de premios "La voz de la verdad"

Entrega de premios "La voz de la verdad"

Onte, mércores 10 de xaneiro, catro dos nosos alumnos de EI e un de EP acudiron a librería "La voz de la verdad" de Lugo, a recoller os diplomas cos que os agasallaron polo seu bo traballo na elaboración de postais no concurso que dita librería organiza dende fai xa nove anos.

 

Os premiados foron:

Antonio Álvarez Pérez de EI (4 anos)

María Arias Fernández de EI (4 anos)

Zaira Gómez López de EI (4 anos)

Jimena Trevijano Pérez de EI (5 anos)

David Bruña Silva de 3º EP

 

O acto de entrega de premios foi moi entretido para os alumnos e persoas que os acompañaban xa que comezou coa actuación dun mago, que deixou abraiados a todos os presentes co seu espectáculo.

A continuación, e segundo as distintas etapas educativas, fóronse entregando os galardóns, rematando o acto cunha foto de familia cos premiados das distintas categorías de todos os centros participantes.

Neste concurso participaron os alumnos de EI e EP, presentando en moitos casos traballos de gran calidade, polo tanto dámoslle a noraboa a todos os participantes e moi especialmente aos premiados.

Bo traballo!!!