Inicio Noticias Asuntillos: Os xoguetes cobran vida

Asuntillos: Os xoguetes cobran vida

Os rapaces do recén estreado grupo do primeiro ciclo da educación secundaria, fixeron o pasado venres día 1 de decembro, a primeira actividade de asuntillos. Nesta ocasión  e tendo en conta a proximidade do Nadal, realizaron un taller de disfraces e máis un video para poñer en marcha una campaña de recollida de xoguetes en colaboración coa Cruz Vermella de Sarria. Para completar esta actividade o martes día 5 de decembro foron clase por clase informando ós nenos e nenas sobre a campaña, disfrazados de xoguetes. Con esta actividade preténdese espertar neles a solidariedade cos máis necesitados, así como achegalos á gran labor que realizan os voluntarios desta asociación. Fixeron un gran traballo e pasáronno moi ben. Parabéns rapaces!  

 

0
0
0
s2smodern