Inicio Noticias Asuntillos: Obradoiro de Slime

Asuntillos: Obradoiro de Slime

         O venres 17 de novembro, os alumnos/as de 3º e 4º de EP realizaron un obradoiro de slime.

         Para a súa elaboración empregaron diferentes materiais, como: cola, bicarbonato, bórax, purpurina, bolas de poliespan, témperas de distintas cores…

         Cada neno/a fixo dúas elaboracións distintas, unha para poder xogar manipulando a masa elástica creada, e a outra levárona  dentro dun globo.

         A actividade resultou moi gratificante e divertida  para os nenos/as e tamén para os monitores, que participaron activamente e axudaron no desenvolvemento da mesma.