Inicio Noticias A Asunción en negro contra a violencia de xénero

A Asunción en negro contra a violencia de xénero

O Colexio da Asunción, súmase de novo este ano, á iniciativa promovida polo CIM (Centro de Información á Muller) e o Concello de Sarria contra a Violencia de Xénero. 

Todos os alumnos do centro, os seus profesores, relixiosas e PAS, reuníronse baixo a pancarta proporcionada polo CIM, coa que se reflicte a nosa adhesión á campaña.

Logo dunhas palabras do director do centro, manifestando a repulsa contra todo acto de violencia, e subliñando que a violencia evítase coa educación, fixemos unha foto para deixar testemuña do noso compromiso con esta iniciativa.

 

0
0
0
s2smodern