ESTAMOS DE NORABOA!!!
Onte foron entregados en Lugo os premios do "XVI Concurso de tarxetas de Nadal" de "La Voz de la Verdad".
Os nosos alumnos Anna Laura López Winder de 1°EP e Antón Armesto López, de 3° EP, foron dous dos gañadores de entre máis de 2400 traballos procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
O acto tivo lugar na capital lucense e foi presidido, entre outros, polos membros do xurado, representantes da organización e o Bispo de Lugo e contou ademáis, cunha actuación da ilusionista Lore Lavand.
Dende aquí, queremos dar a noraboa a todos pola vosa participación e dun xeito especial a Anna Laura e Antón.
PARABÉNS !!!