Inicio Noticias Plan de consumo de froita na escola

Plan de consumo de froita na escola

O noso cole continúa a participar no plan de consumo de froita na escola, que ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado de 3 a 16 anos de centros escolares.

Nesta modalidade ofrécese froita fresca fresca gratuíta a través da convocatoria do FOGGA. Lembrade que si algún alumno é alerxico a algunha froita, debedes comunicalo por escrito na circular que vos entregamos.

Durante esta semana repartiremos cada día unha froita diferente e falaremos das súas características e propiedades.

Comezamos o luns con mazá golden. Se premedes na seguinte imaxe atoparedes unha ficha con datos interesantes sobre esta froita.