Xa saíu publicada no portal da Consellería de Educación a "Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024".
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 20 de maio ata o 21 de xuño.
Pódense presentar telemática ou presencialmente, aínda que o que nos recomendan dende a Consellería é que se faga por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, cumplimentando o procedemento ED330B.
Os que decidan presentar a solicitude no centro poderán facelo de luns a venres de 9:10 a 11:00 h e os luns ademáis de 16:00 a 17:45 h.
Nos vindeiros días, a través da web iremos concretando o resto dos prazos.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.