Inicio Normativa curso 20-21 Educación Secundaria Normas básicas ESO

Normas básicas ESO

  • Todos os días antes de vir ao colexio, as familias deberedes facer unha autoavaliación aos alumnos. Podedes atopala aquí. Se tivese algún dos síntomas que na autoavaliación se recollen os alumnos non deberán acudir ao centro. Se teñen febre non deberán acudir en ningún caso. Deberedes chamar ao centro e preguntar por un membro do equipo COVID e a continuación chamar ao centro de saúde.
  • Deberedes cumplimentar tamén o modelo de declaración responsable que nos manda a Xunta de Galicia e que podedes atopar aquí.  O modelo enviarase por correo electrónico á titora correspondente.
  • Se tendes algunha consulta relacionada co COVID podedes dirixirvos ao equipo na seguinte dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • Todos os alumnos do centro disporán dunha conta de correo electrónico propia do centro, que permitirá realizar as comunicacións cos titores, co profesorado ou acceder a diversas aplicacións como vídeochamadas ou aulas virtuais. Esta dirección será comunicada polas titoras a través de Abalarmóbil.
  • Se os alumnos, por calquera circunstancia, non poden chegar ao centro á hora de entrada, deberán esperar ata que se produza un cambio de clase e previamente chamar á secretaría do centro para informar do cambio de clase no que se incorporarán.
  • As faltas de asistencia xustificaranse a través da plataforma Abalar.
  • Os alumnos realizarán un lavado de mans 5 veces ao día.
  • En Educación Secundaria é obrigatorio o uso de mascarillas. Deberán traer, ademáis da posta, unha de reposto e unha caixiña para gardala.
  • Os alumnos deberán traer algo para tomar a media mañá da casa, xa que non haberá servizo de bocadillos nin estará dispoñible a máquina de venda de bebidas.
  • Á hora de tomar o que traian de media mañá, os alumnos permanecerán nas clases, sentados nos seus sitios. Para beber, empregarán botellas individuais, preferentemente reutilizables e marcadas co seu nome.
  • Non poderán compartir ningún material (bolígrafos, blocks de exame...) nin alimentos ou bebidas.
  • Os alumnos, na hora do recreo, situaránse no patio exterior, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, en zonas diferenciadas que se lles indicarán o primeiro día do curso. En cada unha das zonas estará un único curso, para garantir a estanqueidade dos mesmos.
  • As titorías non poden ser presenciais, polo que se farán telefónica ou telemáticamente, previo concerto de cita cos titores.
  • O servizo de comedor funcionará dende o día 10 de setembro. Este ano, por mor da confección de grupos estables no comedor, se alguén precisa deste servizo por días soltos deberá de avisar con dous días de antelación á secretaría. O servizo será de 14:15 h ata 15:30 h. Non haberá garda despois do comedor, xa que non se poderían manter os grupos estables.
  • Non haberá, ata que a situación o permita, garda de mañá nin extraescolares, pola mesma razón que as gardas de comedor.
  • Este ano, ata que a situación mellore, non se realizarán saídas culturais.
0
0
0
s2smodern