Os alumnos de Educación Primaria accederán ao centro dende as 8:45 h ata as 9:05 h que se pecharán as portas.
A hora de saída será ás 14:00 e comezarán saíndo os alumnos de 1º de Primaria, que serán acompañados polo profesor que estivese con eles a última hora ata as portas exteriores. Unha vez rematen de saír os alumnos de 1º, farano os de 2º e así sucesivamente, ata 6º de Primaria, que serán os últimos en saír.
Para evitar aglomeracións, débese ter precaución de non aparcar os coches preto das portas de entrada, para permitir o acceso con máis fluidez.
Recuérdeme
De acuerdo con el artículo 13 del Reglamento (UE) nº 2016/679 ("GDPR"), declaro que he leído la Política de privacidad del "COLEXIO NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN" y doy mi consentimiento para el uso de los datos que proporciono.