Inicio Normativa curso 20-21 Educación Infantil Normas básicas Ed. Infantil

Normas básicas Educación Infantil

 

  • Todos os días antes de vir ao colexio, as familias deberedes facer unha autoavaliación aos alumnos. Podedes atopala aquí. Se tivese algún dos síntomas, que na autoavaliación se recollen, os alumnos non deberán acudir ao centro. Se teñen febre non deberán acudir en ningún caso. Deberedes chamar ao centro e preguntar por un membro do equipo COVID e a continuación chamar ao centro de saúde.
  • Deberedes cumplimentar tamén o modelo de declaración responsable que nos manda a Xunta de Galicia e que podedes atopar aquí.  O modelo enviarase por correo electrónico á titora correspondente.
  • Se tendes algunha consulta relacionada co COVID podedes dirixirvos ao equipo na seguinte dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • Todos os alumnos do centro disporán dunha conta de correo electrónico propia do centro, que permitirá realizar as comunicacións coa titora, co profesorado ou acceder a diversas aplicacións como vídeochamadas ou aulas virtuais. Esta dirección será comunicada polas titoras a través de Abalarmóbil.
  • Cando deixedes aos alumnos na porta de entrada, sería bo que levarades todo o accesorio que non necesiten no colexio (paraugas, gorros, bufandas,...) xa que este ano non empregarán os percheiros para evitar aglomeracións nos mesmos.
  • Se os alumnos, por calquera circunstancia, non poden chegar ao centro á hora de entrada, deberán esperar ata que se produza un cambio de clase e previamente chamar á secretaría do centro para informar do cambio de clase no que se incorporarán.
  • As faltas de asistencia xustificaranse a través da plataforma Abalar.
  • Os alumnos realizarán un lavado de mans 5 veces ao día. Serán as profesoras de infantil as que distribúan o xel hidro alcohólico aos alumnos.
  • Con respecto ao mandilón, este ano, mentres dure esta situación, os alumnos acudirán ao centro co mandilón posto, e levarano para a casa todos os días.
  • En Educación Infantil non é obrigatorio o uso de mascarillas, pero sí é recomendable. Se os alumnos están acostumados a levala é bo que continúen co hábito no colexio. Se traen a mascarilla deberán traer tamén unha de reposto e unha caixiña para gardala.
  • Á hora de tomar o que traian de media mañá, os alumnos permanecerán nas clases, sentados nos seus sitios. É recomendable que traian alimentos que sexan fáciles de manipular por eles, para que teñan que ter o menor contacto por parte dos profesores. Para beber, non terán vasos nas clases, empregarán botellas individuais, preferentemente reutilizables e marcadas para que non as intercambien.
  • Os alumnos de infantil, na hora do recreo, irán ao parque, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, por cursos; é dicir, en cada tempo de recreo, estará no parque un único curso. Cando remate o tempo de recreo dese curso, procederase á desinfección do parque e sairá outra clase.
  • Os aniversarios celebraranse unicamente co festexo por parte da titora e os compañeiros, pero non se traerá nada á aula para compartir.
  • As titorías non poden ser presenciais, polo que se farán telefónica ou telemáticamente, previo concerto de cita coa titora.
  • O servizo de comedor funcionará dende o día 10 de setembro. Este ano, por mor da confección de grupos estables no comedor, se alguén precisa deste servizo por días soltos deberá de avisar con dous días de antelación á secretaría. O servizo será de 14:00 h ata 15:30 h. Non haberá garda despois do comedor, xa que non se poderían manter os grupos estables.
  • Non haberá, ata que a situación o permita, garda de mañá nin extraescolares, pola mesma razón que as gardas de comedor.
  • Este ano, ata que a situación mellore, non se realizarán saídas culturais.
0
0
0
s2smodern